Quedei viúva con trinta e dous.
E tres fillos.
De once,
nove e
seis anos.
E a primeira letra do piso sen pagar.
Non son das que se importa co que dirán,
mais só trinta e oito anos despois fun bailar.
A miña vida é unha historia,
é unha historia.
(Transcrición literal dunha conversa no tren media distancia A Coruña-Vigo-Guixar. 5 de maio de 2014, 14:23 horas)