Non. Non hai Paraíso

unicorniosAgora sabémolo con certeza.
Derretéronse as dúbidas con este sol de espanto
e figura xa nos libros rotundamente impreso:
Isto non é o Paraíso.
Podíase intuír, mais non existía a certeza.
Ninguén vira Adán espido
nin Eva coa folla da figueira a se tapar.
Tampouco Deus está detrás da árbore.
Non. Non hai Paraíso.
Só estamos ti e eu
e a Lúa imperturbábel que nos olla
desde máis alá dos piñeiros impávidos,
secos como figos enfornados nas tardes de agosto;
Sós, seguiremos aquí
a ver pasar o sol e rebulir os lagartos;
a respirar este ar que nos aviva e nos liberta,
mais que non nos digan que isto é o Paraíso
porque falta a serpe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.