U pu, pu, pu, pu

En Aristófanes, ave de comedia;bubela
a Salomón todo lle contache sobre a raíña de Saba.
Rebule a bubela no valo de pedra;
baixa ao chan e peteira.
Bico longo e andar fino,
a bubela solitaria.
U pu, pu, pu vai repetindo
a intervalos
a bubela o seu cantar
mentres apaña algo que levar
ao niño cuxo cheiro xa delata,
que por iso, e outras cousas,
o libro quinto da biblia
de ave non limpa a alcumou.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.