No Ézaro hei de agardar por ti

No Ézaro hei de agardar por ti.ezaro1
Sen présa, ficarei a te esperar,
sentinela a prestar ouvido, cada noite,
ás pisadas no camiño que vén da néboa,
e ao canto da curuxa.
No Ézaro ficarei á túa espera
até que os ríos derruben todas as presas,
até que deixe de chover
e o sol seque todos os mares.
Mesmo cando toda a terra só sexa sal
e vento a bater na pedra,
no Ézaro ficarei á túa espera.
E o día que chegares
botaremos a andar cara ao solpor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.