Skip to content

Renunciamos a seguir aí

RenunciamosDSC_0286
a seguir aí, varados no atoladoiro
do desdén.
Abrazamos
a certeza que precede á existencia dos soños
que antes brotaban do temor
e colorían,
incomprensibelmente,
os rebentos da alba.
Finalmente, o tempo non reside neste apeadoiro,
e podemos abrir os ollos liberados
de tanto negrume para atravesarmos
o túnel,
cravando a vista no fedor
que esvae  da pedra
mentres ollamos para a auga
que labra o leito da historia.

Published inEscribanía

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.