Non, non estamos a falar do mesmo,

toadaSabes ben que non estamos a falar
do mesmo, nin nada ten a ver o frío
da noite co brillo áxil das estrelas.
Os aplausos -eses-mostran só a patria
sen fronteiras dos exhibicionistas
de números no reino dos dividendos
absolutos. E as dúbidas -xuízas do medo-
compoñen a norma nesta absurda corrida
que pasa e se derrama, con empeño,
sobre o gume dos coitelos.
Cómpre irmos alén e preguntármonos,
coa vivacidade dos cabalos,
se podería ter sido diferente.
Sabemos que non estamos a falar do mesmo
nin nada ten a ver o brillo da noite
co frío opaco das estrelas.
Aguantaremos, insomnes, – eis a razón-
até acharmos a resposta inapelábel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.