non hai volta non hai retorno

non hai volta non hai retorno
non hai camiños de regreso á casa
nin mapas en que os debuxar
porque nos roubaron os papeis
e fixeron unha pira cos lapis de cores
con que deseñamos o altar do noso sacrificio
verdadeiramente tampouco hai morada á que voltar
só lembranzas manchas na distancia
dun tempo esfarelado nas areas do deserto
non hai pernas para andar onde non hai camiños
nin hai pés que pór onde non hai pernas
o cansazo elimina toda a resistencia
só fica a vontade de seguir
adiante adiante adiante
cara o horizonte que foxe inalcanzábel
insoportábel pesadelo nun soño improrrogábel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.