Só a ausencia nos priva de avanzar

Asperxe  hoxe o teu ollar un  magoar silente
que empece o ánimo e derrama tristura
sobre a friaxe da dor aínda fresca;
sabes que só a ausencia nos priva de avanzar,
tanto é o tempo que levamos morando
nas galerías da inquietude,
tanto, a nos deixar amedrontar
polo asubío do vento, compañeiro
desvairado que derruba a lona
do pavillón da razón esvaecente.

Mais aínda hai bandeiras que seguir,
e restan os soños todos por abrazar,
antes de partirmos -de mans dadas- na procura
dos ausentes que xacen no bosco
da insolencia  e do desprezo.
Apañaremos, para as sementarmos,
á toa, sob as pedras do camiño,
palabras de amor e lealdade,
bencidas con hisopos de promesa e compromiso.
E agromarán.
Daquela retornaremos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.