Formiga a gozar golosa a delicia do néctar

Formiga a gozar golosa a delicia do néctar.
Ventisca repentina
arrebata as pétalas da flor dunha camelia,
perfume da auga do regueiro
derradeiro suco húmido do planeta.
Imprudente tripulante solitaria surfeando en barca de veludo.
Aproa, miña amiga, para este porto,
ou a maré ficará ausente,
e eu náufrago en ti,
formiga fóra do carreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.