Gostaría escribir a letra dunha canción

Gostaría escribir a letra dunha canción
para ti lle compores a música,
(ou a cantares cando as sombras cinxan
o silencio en que desmaia a resistencia,
cando a calma abrace a soedade sen fin
que as chagas da realidade supuran).
E se ti non a quixeres cantar,
nen debuxar no pentagrama do tempo
as notas precisas, escribiría
outra letra ou soarían, sen ornatos,
as palabras que o pasar do vento
roza para as tornar estribillo que diga:
Saltaremos todos os valados,
removeremos todas as augas estanquías
e seremos canto antigo que perdura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.