Magoa tanta indiferenza

Magoa tanta indiferenza, tantos ollares
velados coa cor do sobresalto
forxado en ferrarías de apatía e conformismo,
escuro e silencioso lastre da existencia.
Irrita esa inútil frieza enclausurada
en súbditas mensaxes que humillan as conciencias,
escravas dunha xenerosidade pasaxeira
que se esvae no amencer.

Estamos aquí só para suportar as pancadas
do inculto vento travesío que nos dana
e fere sen piedade?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.