Hai algún tempo, o Presidente da Confederación de Empresarios de Galiza, Sr. Fontenla, advertiu de que “para moitas cousas Galiza está estratexicamente mal colocada“.
Debo recoñecer que desde que tal cousa ouvín, foron declaracións á Cadea Ser, non deixei de facer a mesma pregunta: para que ou para quen estará mal colocada Galiza? E sobre todo, que facermos nun País mal colocado?
Un xa ten experiencia en escoitar, e tratar de entender, este tipo de aseveracións de representantes do empresariado e mesmo de responsábeis políticos. Sen irmos máis lonxe, o Sr. Montoro, Ministro de Facenda, falou estes días de “servizos por natureza privatizábeis” establecendo unha diferenciación inmanente entre un servizos e outros que axiña figurará nos dicionarios ao lado das categorías de xénero e número.
Imaxinen os novos dicionarios (seica a RAG está a preparar un novo, en liña):
“Ensino: s. m. Privatizábel. Dise do conxunto de materias que se lles ensinan….
“Sanidade: s. f. Privatizábel. Conxunto de servizos da Administración destinados a preservar a hixiene e a saúde pública”
Resto do artigo en Terra e Tempo