Dúbidas que estrangulan

Dúbidas que estrangulan a fría toada
dun disparo suicida
no intre mesmo en que o hoplita moribundo
está a espreitar, desde o fondo da tumba,
ese soldado de nome ignorado,
mais non descoñecido.
Sintagma ben triste, e tráxico sarcasmo,
este público sacrificio a Hermes,
astuto deus de ladróns e mentireiros
que excitou a condolencia de mercados,
mercadores,
e gobernos rexentes do sistema.
Triste tempo, vedado á curuxa de Atenea,
é este que aos poucos consumimos
cazando elefantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.