Narcisos ou cucos

Se me preguntaren, diría que entrei en estado de confusión, de dúbidas acentuadas, MAIÚSCULAS.

Non entendo nada

É posíbel que necesitemos un espello que reflicta os nosos fracasos, mesmo é probábel que quen desexa que fracasemos nos obsequie co espello en que ollármonos para así poder comunicarmos ao mundo que somos os máis guapos, que posuímos as mellores estrataxemas políticas, que somos os mellores nacionalistas.

Todo é posíbel, mais a min resúltame imposíbel de o entender.

E saben por que?

 

Porque na miña aldea os narcisos  -aos que chamamos cucos, e poden ser brancos ou amarelos-  non están debruzados sobre a auga a se ollaren mentres pasan a primavera e o verán, medran ás beiras da corrente, porque o IMPORTANTE é o RÍO.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.