Bonjour Tristesse

Rostos expectantes esculcan o mar
na prucura da miraxe que derrúa todas as desgrazas;
lembranzas apresadas a xurdiren da mesma area
en que agora xaces, inerte rastro de salgada face
que avivece a memoria daquel tempo e desta praia,
cando sobre ela, nunha soa ollada,
confluímos;
ollar de ollares  roto por parabólicas bocas
que expelen o infortunio, en morbosa pugna
de audiencia construída de lamuria interminábel.

Non, non me atrae a oleaxe deste mar bravío
nen das sereas o seu cantar,
mais espreitarei as augas que baten impiedosas
contra as rochas, salferindo de uivantes urros
os transeuntes nun eterno Bonjour Tristesse
a surfear sobre as ondas,
até acalmar o recordo de ti.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.