A ideoloxía da austeridade

Nestes días está tendo unha grande divulgación, sobre todo a través das redes sociais, un documental titulado A doutrina do choque. O auxe do capitalismo do desastre, baseado nun libro de Naomi Klein. Pode verse subtitulado en lingua galega, norma gráfica portuguesa, contrariamente ao que dá a entender o Facebook e demais redes sociais, cuxas ligazóns remiten sempre para La doctrina del shock, con subtítulos en español. Quizá esta sexa tamén unha mostra de como a teoría desenvolvida no documental funciona nos procesos de asimilación lingüística e cultural de sociedades como a nosa.

 

No documental citado explícase a analízase que é, e como se aplica, a doutrina do choque, esa filosofía política e económica que sustenta que a mellor maneira, a mellor oportunidade para impor as ideas radicais do libre mercado é no período que segue ao dun grande choque, considerando que tal choque pode ser unha catástrofe económica, un desastre natural, un ataque terrorista,  unha guerra. Mais, a idea é que esas crises, eses desastres, eses choques abrandan sociedades enteiras, desprazan e desorientan as persoas, abrindo así unha “xanela” a partir da que se pode introducir o que os economistas chaman “terapia do choque económico”. E todo como se se tratar dunha especie de extrema cirurxía de países enteiros, todo dunha vez. Non se trata dunha reforma aquí, outra por alí, mais si unha mudanza de carácter radical.

O resto do artigo en Terra e Tempo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.