Dúbida

Sei que transitamos a viaxe do regreso
inexistente.

Sei, infelizmente, que nunca cos meus ollos
voltarei a contemplarte,
cando só a ausencia me fale de ti,
e se apague a memoria que gardo do teu corpo.

Sei, para meu pesar, que non hai vida após a morte,
que non existe calquera outro lugar
nen vagantes erramos polo Universo.

Sei tanto …
Por que, daquela,  continúo a preguntar?
Eis a miña dúbida , quizá contigo partillada.

2 thoughts on “Dúbida

Deixa una resposta a xoancosta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.