Banqueiros, os CEOs que “fan o traballo de Deus”

A crise financeira finalmente acabou!

Ou polo menos iso é o que podemos dicir con respecto ao salario que os grandes banqueiros e os xestores das multinacionais do mundo se conceden a si mesmos.

O xornal británico Financial Times solicitou a Equilar, unha empresa de consultoría, un informe para analizar os salarios dos altos executivos de 15 bancos, que en grande parte foron responsábeis da crise económica que nos afecta e cuxos efectos persisten en moitas economías nacionais.

O resultado foi a confirmación de que os salarios destes executivos aumentaron, en media, un 36% para situarse nos 9,7 millóns de dólares anuais

Mais a opulencia do aumento salarial destes individuos non só contrasta coas condicións económicas dun grande sector da poboación mundial, senón que mesmo está en desacordo co aumento dos beneficios das súas propias entidades financeiras, os bancos, que aumentaron só o 2,9% os beneficios en relación ao ano anterior.
O primeiro en aparecer nesta lista vergoñenta é o presidente do JP Morgan Chase, Jamie Dimon, que a pesar de en 2009 estar no número 13, un aumento de 1,541% levouno a ocupar o cargo de “honor” con 20,7 millóns de dólares recibidos, que non gañados,  cada ano. Na segunda posición aparece John Stumpf, presidente da Wells Fargo, tamén estadounidense, cun salario anual de US $ 17,5 millóns de dólares. O terceiro asento é para James P. Gorman, director executivo da Morgan Stanley, cun pago de US $ 14,8 millóns ao ano. En cuarto lugar está outro personaxe que tamén decidiu poñer o acelerador para lograr un aumento de 1,536% do seu salario, para alcanzar os  14,1 millóns de dólares, Lloyd Blankfein, presidente de Goldman Sachs, famoso pola súa afirmación cínica de que os banqueiros “fan o traballo de Deus.” Agora entendo o acrónimo inglés polo que son coñecidos: CEOs (chief executive officer)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.