Catro novas provincias segundo Pachi Vázquez

Pachi Vázquez, Secretario Xeral do PSdG-PSOE, descargou a responsabilidade de Fernández  Moreda no resultado electoral do 22 de maio, na provincia da Coruña,  ao asegurar que «é igual que calquera outro dos secretarios das 54 provincias españolas»

54 provincias son moitas provincias!!

Na realidade o Estado español, na actualidade, está dividido en 50 provincias (que se converten en 15 na xurisdición eclesiástica). Como excepción, Ceuta, Melilla e o resto das prazas de soberanía non están integradas no réxime provincial.

As 54 provincias existiron, se non estou equivocado, con anterioridade ao proceso de descolonización do Sahara en 1975. Daquela administrativamente existían as famosas «cuatro provincias africanas: Ifni (IF), Sáhara (SH), Río Muni (RM) y Fernando Poo (FP).

Cando tanto se fala de suprimir as Deputacións Pachi Vázquez incrementa en 4 as provincias do Estado.

En que estaría pensando Pachi Vázquez? Sen dúbida na Enciclopedia Álvarez

Ou este lapso mental será unha manifestación da intención de  recuperar a antiga división de Galiza en 7 provincias?

Aínda así faltaría unha. Non sei que pensar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.